CURSO UNLLAS ACRÍLICAS

Cada día coidamos máis a nosa imaxe persoal, por iso o coidado estético das unllas é unha técnica moi utilizada en tódolos centros de beleza ou perruquería.

Son moitas as clientas que desexan realizar tratamentos para embelecer as unllas, mediante unllas de xel, acrílico ou outras técnicas.

Este curso é a mellor opción para completar o teu perfil profesional ou comezar no mundo das unllas e traballar nunha profesión de futuro.

Impartirase os días 11 e 12 de XANEIRO DE 2021 e inclúe todo o material necesario para continuar practicando e traballar pola túa conta.

O curso é impartido por unha formadora da casa CRISNAIL.

Para máis información, ven visitarnos ó noso centro, ou si o prefires podes chamarnos ó 981874124/604001061

As prazas son limitadas, non te quedes sen a túa!