Academia de perruquería e estética en Ribeira

O 16 de setembro de 1991, froito da paixón polo oficio da perruquería e a estética, fundouse a Academia Yara

Tras 25 anos sentímonos moi orgullosas de poder dicir que somos un centro de referencia no ensino da perruquería e da estética na provincia da Coruña. Polas nosas aulas pasaron infinidade de alumnos e alumnas que hoxe en día son grandes profesionais que estableceron moitos dos negocios adicados a este sector por todo o Barbanza pero tamén por toda Galicia e incluso España.

Deste gran orgullo forman parte todo o equipo de traballo que conforma Academia Yara, e tamén todo o alumnado e clientas que pasan por aquí. A todos eles: Grazas por formar parte de nós.

¿Queres formar parte da nosa familia?

"Alguien inteligente aprende de la experiencia de los demás"

- Voltaire

Ensino de calidade

En Academia Yara ofrecemos unha formación de calidade:

Dispoñemos do certificado do ISO 9001:2008 que acredita o cumprimento dos requisitos exixidos polo sistema de xestión de calidade.
Somos Centro Colaborador de Formación Ocupacional dende 1994.
Formamos parte da Asociación de Empresarios de Ribeira (VIAMARE), da Organización Mundial de Artes e Técnicas (OMAT) e da Asociación de Centros de Ensino de Perruquería e Estética de Galicia (CEPEGA).
Recibimos o premio Dolmen de Ouro no 2007 coma recoñecemento a nosa labor.

Correo electrónico


info@academiayara.es

Teléfono


981 874 124 - 604 001 061

¿Onde estamos?


Rúa Mendiño, 3 Baixo - 15960Ribeira (A Coruña)

Rúa Mendiño, 3 Baixo - 15960 Ribeira (A Coruña)